Thursday 25 de April de 2024

O Concello de Frades inicia un curso de sulfatos ecolóxicos con 16 participantes


Un total de 16 veciños e veciñas participan nun Curso de sulfatos ecolóxicos, organizado polo Concello de Frades. Unha formación de 15 horas de duración nas que o alumnado aprenderá a identificar as pragas e enfermidades máis comúns das plantas froiteiras, de horta e de xardín, así como saber realizar distintos tratamentos ecolóxicos e naturais.

O concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, asistiu á primeira sesión do curso e animou ás persoas participantes a seguir formándose a través das ampla e variada oferta da que dispón o Concello de Frades. As clases, impartidas polo profesor Rosendo Luís Estévez, terán lugar os vindeiros sábados 7 e 14 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O multiúsos de Frades acollerá as sesións teóricas, mentres que as prácticas terán lugar nunha leira municipal.